Asociación de Academias de la Lengua Española
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación de Academias da Lingua Española (ASALE)[1] foi creada en México en 1951 e está integrada polas 22 academias da lingua española existentes no mundo.
Asociación de Academias de la Lengua Española | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 1951 |
Premios | Premio Príncipe de Asturias da Concordia |
Sede | Real Academia Española |
En | Madrid |
País | España |
Na rede | |
https://www.asale.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Por iniciativa de Miguel Alemán, presidente de México, convócase o I Congreso de Academias co propósito de traballar en unión pola integridade e crecemento do español. Celebrado entre o 23 de abril e o 6 de maio de 1951 créase a Asociación e a súa Comisión Permanente. Nesta primeira reunión non estivo presente a Real Academia Española, pero si participou na Comisión Permanente. Dende o II Congreso celebrado en 1956 en Madrid a RAE participa regularmente.
Dita colaboración entre a RAE e as demais academias exprésase na coautoría do Dicionario da Real Academia Española, a partir da 22ª edición (2001), e a edición de 1999 da Ortografía é considerada unha verdadeira obra panhispana. Proxectos conxuntos inclúen a redacción, por parte da Asociación, da Gramática e do Diccionario panhispánico de dudas, e a elaboración do Diccionario de americanismos.
Dende 2000 organiza a Escola de Lexicografía Hispánica que conta con bolsas outorgadas por un convenio entre a RAE e a Fundación Carolina para a formación de expertos en lexicografía do español.
A Asociación, xunto á Real Academia Española, foi galardoada co Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2000 con motivo dos seus esforzos de colaboración e consenso.