Aliteración
recurso estilístico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A aliteración é un recurso estilístico do compoñente métrico-fonolóxico.
Consiste na repetición no plano fónico, dado pola combinación repetida e expresiva de certos sons iguais ou afíns ó longo dun verso, estrofa ou poema. Segundo o fonema repetido pode ser consonántica ou vocálica. Ao mesmo tempo, pode ser eufónica se o resultado da repetición é harmónica e cacofónica cando o resultado é desagradábel. A retórica clásica sinalou os seguintes tipos de aliteración: iotacismo, repetición de /i/, lambadacismo, repetición de /l/, mitacismo, repetición de /m/ e polisigma cando son repetido é /s/.