Alimentación
inxestión de alimentos para proporcionar a todos os organismos as súas necesidades nutricionais ou medicinais / From Wikipedia, the free encyclopedia
A alimentación consiste na obtención, preparación e inxestión dos alimentos. A nutrición é o proceso mediante o cal os alimentos inxeridos se transforman e se asimilan, é dicir, incorpóranse ó organismo dos seres vivos, que deben comer san e observando a nutrición. Por extensión, chámase tamén alimentación á subministración de enerxía ou materia prima necesarias para o funcionamento de certas máquinas.