Alicia Vikander
actriz sueca / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alicia Amanda Vikander, nada en Gotemburgo o 3 de outubro de 1988, é unha actriz e bailarina sueca. Vikander comezou a súa carreira aparecendo en curtametraxes e series de televisión suecas, sendo a máis popular Andra Avenyn (2008–11). Fixo o seu debut no cine con Pure (2010), e tamén apareceu en Anna Karenina, co-protagonizou o filme dinamarqués En kongelig affære (2012) e colaborou en The Fifth Estate (2013).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Alicia Amanda Vikander 3 de outubro de 1988 (35 anos) Johannebergs församling, Suecia (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Portugal |
País de nacionalidade | Suecia |
Educación | Royal Swedish Ballet (en) (2004–2007) |
Altura | 166 cm |
Actividade | |
Ocupación | actriz , produtora , bailarina , actriz de cinema , actriz de dobraxe |
Período de actividade | 2002 - |
Lingua | Lingua sueca, lingua inglesa e lingua dinamarquesa |
Familia | |
Cónxuxe | Michael Fassbender (2017–) |
Fillos | Mark Fassbender (en) |
Pais | Svante Vikander (en) e Maria Fahl Vikander (pt) |
Premios
| |
|
No 2015, acadou o recoñecemento do público pola súa interpretación de Vera Brittain en Testament of Youth e por aparecer en Ex Machina, no cal intepreta unha intelixencia artificial que lle valeu nomeamentos ós Globos de Ouro e ós BAFTA. Vikander tamén interpretou a pintora Gerda Wegener en The Danish Girl co que gañou o Oscar á mellor actriz secundaria na 88ª edición dos Oscar celebrada en febreiro de 2016.