Agrihan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Agrihan (tamén chamada Agrigán) é un estratovolcán que forma unha illa nas illas Marianas do Norte no océano Pacífico. Toda a illa é un gran volcán que se eleva uns 4000 m desde a base do océano, e é o segundo máis grande das Marianas. A 965 m sobre o nivel do mar, o seu cume é o punto máis elevado das illas Marianas. O volcán está coroado por unha gran caldeira de 1 x 2 km e ao redor de 500 m de profundidade.
Agrihan | |
---|---|
Vista aérea | |
Situación | |
País | Estados Unidos |
Arquipélago | Illas Marianas do Norte |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | |
Xeografía | |
Superficie | 43,51 km² |
Longura máxima | 9 |
Largura máxima | 6 |
Punto máis alto | 965 m |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada (2010) |
A illa foi evacuada en 1990 debido á ameaza de actividade volcánica, aínda que finalmente non se produciu ningunha erupción. Restableceuse un asentamento nun dos catro pobos orixinais, e en setembro de 2005 contaba con nove habitantes. Pero no 2010, no Censo dos Estados Unidos, non contaba con ningunha poboación. Politicamente é parte das illas Marianas do Norte. Agrihan está situada a 62 km ao norte de Pagan.