Afonso de Castela
From Wikipedia, the free encyclopedia
Afonso de Castela, coñecido tamén no seu tempo como Afonso o Inocente, nado en Tordesillas o 17 de novembro de 1453 e finado en Cardeñosa o 5 de xullo de 1468 , foi un nobre castelán. Tiña o título de Infante de Castela, ao ser fillo do rei Xoán II de Castela e da raíña Isabel de Portugal. Era irmán da futura raíña Isabel I de Castela, máis coñecida como Isabel a Católica.
Nome orixinal | (es) Alfonso de Castilla |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de novembro de 1453 (Gregoriano) Monasterio de Nuestra Señora de Gracia (Coroa de Castela) |
Morte | 5 de xullo de 1468 (Gregoriano) (14 anos) Cardeñosa (pt) |
Lugar de sepultura | Cartusiana de Miraflores (pt) |
Monarca de Castela e León | |
1465 – 1468 | |
Príncipe de Asturias | |
1464 – 1465 | |
43º Gran Mestre da Orde de Santiago | |
1463 – 1467 | |
Pretender to the Castilian throne (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Coroa de Castela |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Conflito | Conflict over the succession of Henry IV of Castile (en) |
Outro | |
Título | Príncipe de Asturias Rei de Castela Infante of Castile (en) Rei de León |
Familia | Casa de Trastámara |
Pais | Xoán II de Castela e Isabel de Portugal |
Irmáns | Henrique IV de Castela, Catarina de Catela, Leonor de Castela, Princesa das Astúrias (pt) , Isabel I de Castela e Infanta Maria of Castile (en) |
Afonso foi un dos protagonistas do conflito pola sucesión do seu medio irmán Henrique IV. O rei Henrique, premido por un sector da nobreza, viuse obrigado a proclamar a Afonso Príncipe de Asturias en 1464 en detrimento da súa filla Xoana. Máis tarde, eses mesmos nobres proclamarían a Afonso rei en 1465, iniciándose unha guerra entre os partidarios deste e os de Henrique IV. Desta forma, Afonso, co título de Afonso XII de Castela, disputou a Coroa ao seu medio irmán ata a súa prematura morte en 1468.