Academia Platónica de Florencia
Grupo de debate neoplatónico na Florencia do século XV / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Academia Platónica de Florencia (en italiano, Accademia Platonica di Firenze) foi un grupo de discusión informal[1][2] que se formou, en 1462, ao redor de Marsilio Ficino na Florencia no Renacemento do século XVI,[3][4] baixo o patronado de Cosme de Médici. Nos primeiros momentos, ocupouse a Villa le Fontanelle e, posteriormente, ampliouse á máis coñecida Vila Médici de Careggi.
Datos rápidos Fundador(es), Nomeado en referencia a ...
Academia Platónica de Florencia | |
---|---|
Villa di Careggi, a segunda sé da Academia despois da Villa le Fontanelle, máis cativa | |
Fundador(es) | Gemistos Plethon |
Nomeado en referencia a | Academia de Atenas |
País | República de Florencia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
No seus comezos, non era máis que un xeito de tertulia de amigos e eruditos reunidos pola familia Médici que debatían de temas literarios e traducían textos clásicos mais, posteriormente, foi imitada por moitas cidades de Italia e por diversas nacións europeas.