Abadía de Cluny
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Abadía de Cluny é unha antiga abadía beneditina da cidade de Cluny, situada no departamento de Saône-et-Loire, na rexión de Burgundy-Franche-Comté, no centro-leste de Francia. É unha das máis ilustres do mundo pola santidade dos seus abades e monxes, polo número de relixiosos que tiñan suxeitos en toda Europa, por ser o culmen da gran Congregación monástica do seu nome (cluniacenses), polos seus magníficos edificios e rico tesouro de xoias, reliquias e libros, hoxe en día perdidos e destruídos, sobre todo, durante a Revolución francesa, pois en 1790, a abadía foi saqueada e destruída en gran parte polos revolucionarios. Hoxe tan só permanece unha pequena parte do conxunto orixinal.
Abadía de Cluny | |
---|---|
Abadía de Cluny na actualidade | |
Datos xerais | |
País | Francia |
Tipo | Abadía |
Localización | Cluny, cantón de Cluny,Departamento de Saona-Loira, Rexión de Borgoña-Franco Condado |
Coordenadas | 46°26′05″N 4°39′34″L |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Bispado de Autum |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito e Orde de Cluny |
Arquitectura | |
Construción | 910 |
Estilo | Románico |
Páxina web | http://www.cluny-abbaye.fr/en/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
No 2007, a abadía foi considerada como Patrimonio europeo.[1] Dende finais do século XIX, unha sonada escola de enxeñería "Arts et Métiers ParisTech", ocupa unha parte das instalacións da abadía. O Hotel de Cluny de París, datado contra 1334, fora a antiga residencia dos abades na cidade. En 1833, foi reconvertido en museo público e, máis aló do nome, xa non ten relación algunha coa abadía.