A ponte sobre o río Kwai
From Wikipedia, the free encyclopedia
A ponte sobre o río Kwai (en inglés: The Bridge on the River Kwai) é un filme anglo-estadounidense dirixido por David Lean que se estreou en 1957. Está protagonizado por William Holden, Jack Hawkins e Alec Guinness, xunto con Sessue Hayakawa. Baseado na novela Le Pont de la Rivière Kwai (1952) de Pierre Boulle, o filme é unha obra de ficción, pero está ambientado na construción do ferrocarril de Birmania entre 1942 e 1943. Foi rodado en Ceilán (o actual Sri Lanka).
Datos rápidos A ponte sobre o río Kwai, Ficha técnica ...
A ponte sobre o río Kwai | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Bridge on the River Kwai |
Director | David Lean |
Produtor | Sam Spiegel |
Guión |
|
Baseado en | Le Pont de la Rivière Kwai de Pierre Boulle |
Intérpretes |
|
Música | Malcolm Arnold |
Fotografía | Jack Hildyard |
Montaxe | Peter Taylor |
Estudio | Horizon Pictures |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 2 de outubro de 1957 14 de decembro de 1957 31 de xullo de 1992 (TVG) |
Duración | 161 minutos |
Orixe | Estados Unidos[1] Reino Unido |
Xénero | Bélico |
Orzamento | $2 800 000[2] |
Recadación | $30 600 000[2] |
Na rede | |
Pechar
Estreouse en galego o 31 de xullo de 1992 a través da TVG.[3]